Passt nicht? Macht nichts! Sie können Artikel bis zu 30 Tage zurückgeben
Mit einem Geschenkgutschein können Sie nichts falsch machen. Der Beschenkte kann sich im Tausch gegen einen Geschenkgutschein etwas aus unserem Sortiment aussuchen.
Bis zu 30 Tage Rückgaberecht
Os ensaios que compoñen este libro están dedicados a algúns dos temas relacionados co impacto social da bioloxía de meirande transcendencia e actualidade, como son a clonación e o Proxecto Xenoma Humano.O desenvolvemento meteórico da bioloxía celular e molecular nos últimos anos abre a porta á posibilidade de importantes aplicacións médicas destas investigacións pero, ao mesmo tempo, suscita interrogantes sobre posíbeis usos abusivos que poidan traducirse en situacións discriminatorias para certos grupos de persoas. A transformación da investigación biotecnolóxica nunha nova industria con fortes investimentos tamén está a crear novos problemas de grande impacto social.Nestes ensaios discútense, desde unha perpectiva crítica, algunhas das principais cuestións que suscita este desenvolvemento da bioloxía, coa intención de formular interrogantes e de expoñer os pros e contras destas investigacións, que tanto interese están a levantar entre un público cada vez máis interesado.