Passt nicht? Macht nichts! Sie können Artikel bis zu 30 Tage zurückgeben
Mit einem Geschenkgutschein können Sie nichts falsch machen. Der Beschenkte kann sich im Tausch gegen einen Geschenkgutschein etwas aus unserem Sortiment aussuchen.
Bis zu 30 Tage Rückgaberecht
Pepa A Loba, a muller por antonomasia do bandoleirismo galego, ten por fin a súa novela de raigame histórica, xurdida dos propios alicercesdesta afouta e rebelde capitá de gavela, que acadou sona no século XIX por máis de media Galicia. A súa memoria medrou imparablemente nunhalendahistoria forxada polo pobo galego dende entón, para ofrecer, aocabo, a imaxe libre e inapreixable que hoxe temos dela. Unha mullerindómita e combativa, malia as duras adversidades que sufriu.Carlos G. Reigosa atina cun relato directo e punxente que trenza unhaintensa historia de amor sobre un fondo de violencia que emparenta codas Comedias Bárbaras e Divinas Palabras de Valle-Inclán, fillas domesmo territorio e do mesmo espírito do tempo. Unha novela memorablede lectura engaiolante que, por riba da lenda, nos reconcilia coaverdadeira historia da máis famosa bandoleira galega de todos ostempos.
Hallo! Ich bin Libroamiko, dein Buchberater.
Wie kann ich dir helfen?