Passt nicht? Macht nichts! Sie können Artikel bis zu 30 Tage zurückgeben
Mit einem Geschenkgutschein können Sie nichts falsch machen. Der Beschenkte kann sich im Tausch gegen einen Geschenkgutschein etwas aus unserem Sortiment aussuchen.
Bis zu 30 Tage Rückgaberecht
"O teu perfil na miña sombra" non é exactamente unha narración, tampouco un libro de poesía nin un ensaio, pero baixo a forma de diario recolle todos eses rexistros para indagar nun dos temas esenciais da reflexión sobre o "ser muller": a maternidade. Durante moito tempo, este aspecto, absolutamente decisivo, estivo infrarrepresentado, unha experiencia agochada dentro de corpos e voces silenciadas. A definición da maternidade vña desde outro lugar, marcada por arquetipos perversos que levaban cosidos moi dentro a idea do sacrificio e o seu reverso de culpa. A partir da marcha da filla, asistimos nestas páxinas ao relato dese tempo marcado pola síndrome do niño baleiro, o que dá pé a unha reflexión sobre o complexo mundo das relacións maternofiliais, sobre o que herdamos e o que só a nosa responsabilidade pertence, sobre a vivencia do corpo, sobre as sombras e mais o gozo. De fondo, a consciencia da tremenda ambivalencia dunha aventura que se debate entre o un e o diverso, entre a apropiación radical da outra e a asunción, tamén radical, da alteridade.