Passt nicht? Macht nichts! Sie können Artikel bis zu 30 Tage zurückgeben
Mit einem Geschenkgutschein können Sie nichts falsch machen. Der Beschenkte kann sich im Tausch gegen einen Geschenkgutschein etwas aus unserem Sortiment aussuchen.
Bis zu 30 Tage Rückgaberecht
Nunha ocasión, hai xa ben de tempo, vin unha pantasma. E logo, catro anos despois, vin outra. A primeira pantasma era amable, mesmo arrecendía que daba gusto. A nardos. Era o espírito de Beatriz Obregón; grazas a ela atopei as Lágrimas de Shiva, un fabuloso colar que estivo perdido durante setenta anos. A segunda pantasma foi moito menos amable. Metía medo e, desde logo, non arrecendía precisamente a nardos. Tiven un desagradable encontro con ela na Mansión Kraken, pouco despois de escoitar falar por primeira vez do Círculo Escarlata, unha escura e sinistra seita tan antiga coma o tempo. Iso ocorreu no verán de 1973, catro anos despois da miña estancia en Vila Candeloria, o fogar dos meus tíos e das miñas curmás, os Obregón. ASÍ COMEZA A CONTINUACIÓN DE AS LÁGRIMAS DE SHIVA. HACHE ENCANTAR!