Passt nicht? Macht nichts! Sie können Artikel bis zu 30 Tage zurückgeben
Mit einem Geschenkgutschein können Sie nichts falsch machen. Der Beschenkte kann sich im Tausch gegen einen Geschenkgutschein etwas aus unserem Sortiment aussuchen.
Bis zu 30 Tage Rückgaberecht
Dende hai séculos asóciase a imaxe da vaca a Galicia, pero poucosabemos do mundo que se desenvolve arredor deste animal. Hoxe a vaca é a columna vertebral do medio rural en Galicia. As 450.000 vacas das14.000 granxas producen 2,3 millóns de toneladas de leite por ano (o32% da produción estatal), datos que fan de Galicia a primeirapotencia leiteira espa?ola.Este libro, No país das vacas do fotógrafo Xurxo Lobato, quere ser untributo visual á vaca, explicar como vive, de que vive e quen vivedela. Pretende dar a co?ecer visualmente a tecnoloxía aplicada nasgranxas, a variedade de razas autóctonas, a industria láctea e dacarne, a gastronomía ou presentar como as vacas son obxecto de estudona universidade. Ademais, o libro pretende presentar asrepresentacións iconográficas onde aparece a vaca, dende obaixorrelevo romano atopado en Becerreá ao cartel de Castelao nacampa?a a favor da Autonomía, dende as esculturas de Asorey áscerámicas de Seoane e pinturas de Laxeiro, pasando polo seuprotagonismo na literatura galega ou nos programas de televisión.O libro inclúe, tamén, dous ensaios moi clarificadores e divulgativos, os do catedrático Lourenzo Fernández Prieto ("Inventando a vaca: doreino das rubias ao reino das pintas"), que aborda o aspectohistórico, e do xornalista Julián Rodríguez ("Moita máis luz quesombras"), que achega os datos económicos básicos sobre a actualsituación do sector. Ademais, acompa?ando as fotos e aos ensaios,diversos testemu?os escritos protagonizan a mirada plural de como vena vaca representantes de sectores sociais moi distintos. Uns dende acomplicidade de quen convive con elas e outros dende a nostalxia dasúa nenez ou dende unha visión urbana.Un libro fermoso e poliédrico que aspira a que os seus lectores electoras co?ezan un pouco mellor o país das vacas, a súa importanciana sociedade galega, mesmo para chegar a converter a vaca nunha dasiconas da nosa identidade do século XXI.
Hallo! Ich bin Libroamiko, dein Buchberater.
Wie kann ich dir helfen?