Passt nicht? Macht nichts! Bei uns ist die Rückgabe innerhalb von 30 Tagen möglich
Mit einem Geschenkgutschein können Sie nichts falsch machen. Der Beschenkte kann sich im Tausch gegen einen Geschenkgutschein etwas aus unserem Sortiment aussuchen.
30 Tage für die Rückgabe der Ware
Matádeo mañá é un testemuño autobiográfico excepcional, areconstrución do emocionante periplo vital deste aviador galeguistadurante a Guerra Civil: un tempo ralentizado polo cárcere, o terrordos paseos, a súa fuxida cara ao bando republicano, os xuízossumarísimos que sufriu e o seu traballo como secretario daSolidaridade Antifeixista Galega xunto con Castelao. Tamén é unhamemoria lúcida do exilio galego en México, onde Elixio Rodríguez foiun dos promotores da emisión radiofónica A hora de Galicia e doPadroado da Cultura Galega e colaborador teimudo da revista Vieirosque dirixían Luís Soto e Carlos Velo, «xérmolo e vangarda política dun anovado nacionalismo galego», en palabras do historiador ElixioVillaverde, autor do limiar destas memorias apaixonantes. Este é unrelato trepidante de feitos históricos, políticos, diplomáticos ebélicos, que constitúe unha grande achega á nosa memoria colectiva.Esta segunda edición destas memorias, consideradas como un dos cumesdo xénero autobiográfico en lingua galega, foi revisada e corrixidapolo autor antes do seu pasamento, á que se lle engadiu un índiceonomástico e un adral de Aser Alvarez.