Passt nicht? Macht nichts! Sie können Artikel bis zu 30 Tage zurückgeben
Mit einem Geschenkgutschein können Sie nichts falsch machen. Der Beschenkte kann sich im Tausch gegen einen Geschenkgutschein etwas aus unserem Sortiment aussuchen.
Bis zu 30 Tage Rückgaberecht
Natalia descobre o pasado familiar cando o seu pai, Manuel, cae enfermo e a súa nai, María, lle conta, en longas conversas, as circunstancias que ambos os dous viviron desde mozos. Manuel é un profesor de filosofía rebelde, que afronta a súa enfermidade con optimismo e está marcado por un pasado antifranquista que o levou a procurar seguridade fóra de España. Os problemas coa familia, o seu traballo docente, a fuxida de Madrid, a aparición de personaxes ligados coa resistencia á ditadura ou a música dos Beatles, vanse alternando co seguimento da enfermidade, coa relación entre o avó e o neto e coas conversas entre Natalia e a súa nai."Lembranzas dun mestre subversivo", de Xacobe Medina, é unha novela onde o fío argumental principal vai dando pé a diversas historias de resistencia e subversión, historias inconformistas que relatan, desde o presente, un tempo que marcou a ferro moitas vidas.
Hallo! Ich bin Libroamiko, dein Buchberater.
Wie kann ich dir helfen?