LIBRISTO
LIBROAMANTO
obligatorisch
Werden Sie Teil einer Gemeinschaft von Buchliebhabern aus der ganzen Welt und erhalten Sie eine Reihe von Vorteilen. Konto kostenlos anlegen
0
DPD-Kurier 4.49 Hermes Kurierdienst 4.99 DHL-Kurier 3.99 Hermes-Stelle 4.49 DPD-Stelle 2.99 GLS-Kurierdienst 4.99

HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO 1ºBACHILLERATO

Sprache GalizischGalizisch
Buch Broschur
Verlag BAIA, November 2021
Baía Edicións presenta unha proposta para traballar a materia de Historia do mundo contemporáneo aco... Vollständige Beschreibung
? points 122 b
49.79 inkl. MwSt.
Externes Lager Wir versenden in 4-7 Tagen

Bis zu 30 Tage Rückgaberecht

Baía Edicións presenta unha proposta para traballar a materia de Historia do mundo contemporáneo acorde coas indicacións LOMLOE, que se concreta en: Un caderno-libro de Proxectos significativos para a construción da Historia do Mundo Contemporáneo de longa duración, que irá acompañado de xeito indivisible doutro, Historia do Mundo Contemporáneo, de presentación da información seguindo o modelo clásico co que toda a comunidade educativa está familiarizada, que lle facilitará ao alumnado extraer datos que documenten a proposta do Proxecto. Esta nova proposta fundaméntase, nas súas liñas básica, na metodoloxía da aprendizaxe por proxectos, enfocándose nos conceptos centrais e principios fundamentais das disciplinas histórica, tentando aproximarse o máis posible á realidade histórica na que se move o alumnado e destacnado a importancia do seu traballo. Consta de 9 temas, recollendo en cada un deles unha das competencias específicas do currículo da HMC, consideradas así mesmo como vectores organizadores. Contaremos co libro para pizarra dixital neste curso, ademais de recursos variados nesta Aula Virtual e, destacamos pola súa utilidade, a incorporación dunha nova proposta de programación en función dos estándares de aprendizaxe. O libro agrupa a información en tres grandes bloques cronolóxicos: 1750-1914, 1914-45 e 1945-2008. En canto ao tratamento dos contidos, predomina o tratamento global e diacrónico no exame das grandes transformacións económicas e políticas do século XIX que conforman o mundo contemporáneo -revolución industrial, revolución política liberal, burguesía e proletariado, imperialismo- así como no estudo dos cambios e continuidades que afectan ao mundo actual -Guerra Fría, capitalismo e socialismo real, descolonización e Terceiro Mundo-;mentres que para o estudo das graves crises e conflitos do mundo de entregueras Gran Guerra, Revolución rusa, Crac do 29, Fascismos, Segunda Guerra Mundial- predomina un tratamento máis pormenorizado e temático. Os autores parten da idea de que o alumnado debe manexar e comentar un bo número de materiais documentais da época (textos, gráficas, estatísticas, mapas, fotografías, obras de arte...). Por iso en cada unha das unidades temáticas están recollidos numerosos documentos que forman parte da información, é dicir, non son meros complementos dun discurso de autor, senón que son eles os que realmente proporcionan a información histórica;o traballo dos autores céntrase na organización e recollida desa información redactando un fío condutor que facilita ao alumnado a correcta comprensión da documentación orixinal. Na selección desta documentación os autores incorporaron fundamentalmente fontes primarias accesíbeis e comprensíbeis para o nivel de ensino a que está destinado o manual. Os documentos escritos preséntanse convenientemente reducidos ás súas mensaxes básicas, destacando aqueles aspectos que máis interesaban para o tema a tratar. Na referencia bibliográfica dos textos consígnase sempre o autor, o título e a data da primeira redacción ou publicación sen especificar (por consideralo de escasa ou nula relevancia) a edición concreta que foi manexada. Ao comezo de cada unidade figuran enderezos da Internet e títulos de filmes que poden ser utilizados para completar a información do libro de texto. O manual achega tamén un anexo final de técnicas de traballo pensadas par facilitar ao alumnado o traballo cos materiais documentais de carácter textual, gráfico e audiovisual.

Schauspielerin & Polyglotte
EWA KASP für
Video abspielen
Ewa Kasp
Libristo bietet die größte Auswahl an fremdsprachiger Literatur an. Deshalb kaufe ich meine Bücher hier ein.

Informationen zum Buch

Vollständiger Name HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO 1ºBACHILLERATO
Sprache Galizisch
Einband Buch - Broschur
Datum der Veröffentlichung 2022
Anzahl der Seiten 64
EAN 9788499954011
Libristo-Code 53431410
Verlag BAIA
Gewicht 1
Abmessungen 200 x 270 x 1
Verschenken Sie dieses Buch noch heute
Es ist ganz einfach
1 Legen Sie das Buch in Ihren Warenkorb und wählen Sie den Versand als Geschenk 2 Wir schicken Ihnen umgehend einen Gutschein 3 Das Buch wird an die Adresse des beschenkten Empfängers geliefert

Anmeldung

Melden Sie sich bei Ihrem Konto an. Sie haben noch kein Libristo-Konto? Erstellen Sie es jetzt!

 
obligatorisch
obligatorisch

Sie haben kein Konto? Nutzen Sie die Vorteile eines Libristo-Kontos!

Mit einem Libristo-Konto haben Sie alles unter Kontrolle.

Erstellen Sie ein Libristo-Konto
Buchberater Libroamiko
Hallo, ich bin Libroamiko, kann ich helfen?