Passt nicht? Macht nichts! Sie können Artikel bis zu 30 Tage zurückgeben
Mit einem Geschenkgutschein können Sie nichts falsch machen. Der Beschenkte kann sich im Tausch gegen einen Geschenkgutschein etwas aus unserem Sortiment aussuchen.
Bis zu 30 Tage Rückgaberecht
A Historia de Galicia desde as últimas décadas do pasado século ata hoxe. Ese é o novo reto de Hércules de Ediciones, que aborda as últimas décadas da nosa historia, con todo o que iso conleva: Dende a etapa preautonómica ata os primeiros presidentes preautonómicos (Antonio Rosón e Xosé Quiroga Suárez), o primeiro capítulo debulla a maneira en que o artellamento político de Galicia da os primeiros pasos cara á democracia. A seguir, a construcción da Autonomía comeza coas primeiras eleccións autonómicas, a constitución do Parlamento e o investimento de Xerardo Fernández Albor como presidente dunha Xunta que aínda non tiña sede fixa. O regreso dos restos de Castelao, o ingreso na Comunidade Económica Europea ou o nacemento de RTVG son algúns dos feitos máis salientables daquel tempo. Unha moción de censura desbotou a Albor da cadeira presidencial e un novísimo Fernando González Laxe ocupou o seu sitio á fronte dun goberno tripartito que creou as universidades da Coruña e Vigo. Manuel Fraga desembarca en Galicia para quedarse durante tres lustros: os grandes eixos de comunicación, o traspaso de competencias sanitarias, o Xacobeoà, a Cidade da Cultura e, finalmente, o Prestige. Emilio Pérez Touriño na presidencia e Anxo Quintana na vicepresidencia, gobernarán catro anos poñendo o acento nas políticas públicas e na ordenación urbanística. Alberto Núñez Feijóo convérsese en presidente ao primeiro intento e da un xiro completo á política anterior. Na peor crise da historia do noso país, coa extinción das caixas de aforros e a desaparición do Banco Pastor, é quen de refrendar un segundo mandato. A abdicación do rei Juan Carlos I pecha un ciclo convulso e de agotamento do modelo da transición, que se ten que reinventar.
Hallo! Ich bin Libroamiko, dein Buchberater.
Wie kann ich dir helfen?