Passt nicht? Macht nichts! Sie können Artikel bis zu 30 Tage zurückgeben
Mit einem Geschenkgutschein können Sie nichts falsch machen. Der Beschenkte kann sich im Tausch gegen einen Geschenkgutschein etwas aus unserem Sortiment aussuchen.
Bis zu 30 Tage Rückgaberecht
Na liña de situarmos a cultura galega no mesmo nivel que outra do seu contorno, Edicións Laiovento congratúlase en presentar ao público lector de Galiza unha referencia básica no pensamento contemporáneo, cal é este Curso de lingüística xeral de Ferdinand de Saussure.A obra, publicada postumamente polos seus discípulos Charles Bally e Albert Sechehaye en 1916 baseándose nos apuntamentos dalgúns alumnos, marca un fito na investigación sobre o fenómeno lingüístico, pois supón o nacemento da lingüística como ciencia: conceptos tan recorrentes e até tan contestados na literatura especializada como sincronía e diacronía, lingua e fala, signo lingüístico, significante e significado, lingüística interna e lingüística externa, relacións paradigmáticas e relacións asociativas etc., deben a Saussure, en boa medida, a súa circulación, e son, desde as diferentes perspectivas con que os entenderon os lingüistas posteriores, nocións fundamentais para a reflexión lingüística.A rigorosa tradución, realizada por Xosé Manuel Sánchez Rei, vai acompañada dun estudo introdutorio, tamén feito por este autor, sobre a figura e obra de Saussure, o estado da especulación científica na altura e a situación da lingua e da lingüística galega na época en que sae do prelo a primeira edición do Curso.Edicións Laiovento aspira con esta publicación a reivindicar, en galego, a relevancia que tivo o Curso de lingüística xeral de Ferdinand de Saussure para a modernización das pesquisas de carácter lingüístico, sen cuxo legado se non podería comprender o desenvolvemento da lingüística ao longo do século XX.
Hallo! Ich bin Libroamiko, dein Buchberater.
Wie kann ich dir helfen?