Passt nicht? Macht nichts! Sie können Artikel bis zu 30 Tage zurückgeben
Mit einem Geschenkgutschein können Sie nichts falsch machen. Der Beschenkte kann sich im Tausch gegen einen Geschenkgutschein etwas aus unserem Sortiment aussuchen.
Bis zu 30 Tage Rückgaberecht
Neste libro bell hooks convoca os homes para o cambio e chama as mulleres a axudar nesa transformación. Preséntasenos, xa que logo, unha nova masculinidade. Unha masculinidade feminista. Debemos matar o home patriarcal para que agrome o novo home feminista.A vontade de cambiar trata sobre a necesidade de vivir nun mundo onde as mulleres e os homes poidan pertencerse uns aos outros. Observando as razóns nas que o patriarcado sustentou o seu poder sobre os homes e as súas vidas, a autora reclama o feminismo para os homes, amosando por que o pensamento e a práctica feministas son o único xeito de resolver a crise da masculinidade.Non obstante, tal e como subliña bell hooks, non podemos pedirlles a nenos e homes que cambien sen ofrecerlles unha cultura para o cambio. A definir e presentar esa cultura están dedicadas as páxinas deste libro.