Passt nicht? Macht nichts! Sie können Artikel bis zu 30 Tage zurückgeben
Mit einem Geschenkgutschein können Sie nichts falsch machen. Der Beschenkte kann sich im Tausch gegen einen Geschenkgutschein etwas aus unserem Sortiment aussuchen.
Bis zu 30 Tage Rückgaberecht
?Para os que non acreditamos no ?Mundo de Sofía?, nin aínda menos, no de ?Alicia?, ler filosofía en Galiza, con bastante frecuencia, é motivo de depresión cando non de cabreo. Por iso, atoparse cun texto como ?a violencia excedente? equivale a ese pulo de ar fresco que ventila e dá vida á podremia dos espazos longo tempo pechados.Outro segundo motivo contribúe a que saudemos e nos felicitemos pola aparición dun libro como este dada a necesidade que ten o país de que nel se fagan obras de temática universal e con pretensión de construír puntos de vista para a macroanálise que van máis alá da realidade galega. A violencia excedente, froito dunha conferencia pronunciada polo autor na Universidade de Bolonia nun congreso sobre a paz, non trata de todo o fenómeno da violencia, limítase a analizar toda esa agresividade desproporcionada e irracional que o autor, con metáfora expresiva e axustada cualifica de violencia excedente. O requintado rigor analítico co que está escrito, non debe facernos esquecer que estamos diante dun libro esencialmente político e que, por dereito propio, pertence a ese xénero tan escaso e necesario de ?literatura de combate?.Marcial Gondar.Premio a Crítica Galicia 2006